Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2023 | Actualizada ás 18:39
O Concello de Carballo, a través de redes sociais, informou de que Protección Civil do municipio coruñés alertou da "presenza masiva" de medusas nos areais do municipio. Así, fontes este servizo de emerxencias confirmaron a Europa Press que non hai areais pechados xa que a especie atopada non é perigosa.
Desta forma, no comunicado de redes sociais, recomendou evitar a area mollada ao pasear pola praia e se algún visitante ten algún problema que se achegue ao posto máis próximo do servizo de salvamento e socorrismo.
Con todo, durante esta semana xa se localizaron varios exemplares de medusas chegado ás praias da Costa da Morte, especialmente en Carballo e Malpica.En concreto, deron aviso pola localización de varios exemplares de medusas na area da Praia de Razo e na Praia de Malpica. As medusas foron recollidas e retiradas, aínda que non foi necesario pechar as praias ao baño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.