Por E.P. | OURENSE | 30/08/2023 | Actualizada ás 19:17
O PSdeG denunciou un "uso indebido" de vehículos municipais en Nogueira de Ramuín e critica que o alcalde "o negue por activa e por pasiva".
Nun comunicado achega imaxes dun coche do concello ourensán "realizando tarefas de traslado de material na cidade de Ourense", situación que consideran "inadecuada e non apropiada".
O portavoz do PSdeG en Nogueira de Ramuín, Óscar Sánchez, insta o rexedor, o popular Julio Carlos Temes, a que "en vez e culpar aos socialistas, busque solucións aos múltiples problemas que hai que resolver".
"Non dicimos que o coche oficial que sae nas imaxes estea a facer unha mudanza, nin tampouco botándolle unha man a Ecourense, pero si que podemos afirmar que un vehículo do noso concello está nun lugar non apropiado e, posiblemente, facendo algo inadeuado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.