Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2023 | Actualizada ás 17:34
O artista Mondra e Aida, de Tanxugueiras, uníronse no single 'Ruando', un adianto do disco debut do galego, cuxo proxecto forma parte da aceleradora cultural 'Sonemerxente' da Fundación Paideia, en colaboración coa Xunta de Galicia.
O tema "é unha canción íntima e repleta de tenrura que enlaza os coidados e o amor propio", avanza sobre esta colaboración, un anticipo á espera da publicación de 'Arden', o álbum debut do artista, cantareiro e bailador galego que verá a luz o 20 de setembro.
"Pensamos este tema como un canto de berce", explica Mondra, quen destaca a colaboración de Aida Tarrío "unha das mellores vocalistas do país", e con quen comparte amizade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.