Xunta e autónomos perfilan a Axenda de impulso ao emprego autónomo que contará con máis de 200 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu este luns a reunión da 'Mesa do Emprego Autónomo de Galicia' na que abordarán a 'Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026' que contará cun orzamento superior aos 200 millóns euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu este luns a reunión da 'Mesa do Emprego Autónomo de Galicia' na que abordarán a 'Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026' que contará cun orzamento superior aos 200 millóns euros. Así, nesa reunión escoitarán as necesidades dos autónomos e "tentarán axudar na medida do posible".

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, preside a xunta da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, preside a xunta da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia | Fonte: XOÁN CRESPO

A conselleira sinalou a importancia deste colectivo para "a economía e para a riqueza de Galicia" que é a comunidade cun maior peso das persoas autónomas (un 19,96 % fronte ao 16,07 % do conxunto do Estado) e tendo en conta que representan, xunto coas pequenas empresas, o 97 % do tecido produtivo. Desta forma, apostou por continuar avanzando e consolidando a rede de apoio ao colectivo, que este ano supuxo por parte da Xunta axudas directas de 30 millóns de euros. Unhas axudas que se poden solicitar ata o 29 de setembro.

En concreto, están abertas as convocatorias para impulsar o inicio da actividade por conta propia, para consolidar e mellorar a competitividade de negocios que leven polo menos 42 meses de actividade empresarial, para contratar ata o terceiro traballador, para favorecer a conciliación e para impulsar empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT). Así mesmo, poden pedirse as axudas dirixidas a pemes, traballadores autónomos e entidades da economía social para cubrir investimentos en equipamento informático, eficiencia enerxética, reformas de locais e de mobiliario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta