A duna costeira de Corrubedo colle osíxeno tras eliminar as raíces de árbores colonizadoras

A Xunta finalizou os labores de restauración ecolóxica no entrono da duna costeira de Corrubedo, no municipio coruñés de Ribeira, tras 20 meses de traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 05/09/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A Xunta finalizou os labores de restauración ecolóxica no entorno da duna costeira de Corrubedo, no municipio coruñés de Ribeira, tras 20 meses de traballo. Segundo informou o Executivo autonómico estes labores estaban incluídos no proxecto de principios de 2022 para o control e erradicación de especies arbóreas colonizadoras dentro do espazo natural.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou este martes o complexo dunar para coñecer 'in situ' o resultado dos labores realizados. Desta forma, detallou que a actuación contou cun investimento de 0,5 millóns de euros e permitiu intervir sobre unha superficie de 163 hectáreas.

Así, explicou que na actualidade as masas arbóreas ocupan espazos que, orixinalmente, formaban parte dos areais e do propio sistema dunar, alterando así o hábitat propio das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea ao impedir a mobilidade da area. Para iso, o ámbito de actuación dividiuse en varios polígonos para facilitar a execución e os labores que se basearon, principalmente, na eliminación de pés de especies colonizadoras.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visita o complexo dunar de Corrubedo
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visita o complexo dunar de Corrubedo | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta