O Concello de Vigo prorroga a vixencia da ordenación provisional para que non decaia antes da aprobación do PXOM
O goberno municipal de Vigo ampliará a vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP), que expiraba o 5 de outubro, por tres meses máis, de maneira que estará en vigor ata o 5 de xaneiro, e non decaerá antes da aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) prevista para dentro de dous meses.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/09/2023 | Actualizada ás 15:31