Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 16:29
Gran parte do interior de Galicia estará durante toda a tarde deste venres en aviso amarelo por treboadas localmente fortes, segundo as predicións de Meteogalicia.
A alerta estará activa a partir das 15.00 horas do venres no interior e noroeste da provincia da Coruña, o interior de Pontevedra, o noroeste e a zona do Miño de Ourense e todo Lugo salvo a comarca da Mariña.
O aviso manterase ao longo de toda a tarde ata a madrugada. De face ao sábado espéranse choivas en toda a comunidade pero con probabilidade de treboada unicamente no interior de Pontevedra e o Miño ourensán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.