Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/09/2023 | Actualizada ás 19:23
O Festival do Mundo Celta de Ortigueira terá lugar en 2024 entre os días 11 e 14 de xullo, nos que a localidade do norte galego volverá converterse, como cada ano, no epicentro da cultura celta. Este venres tivo lugar a primeira reunión preparatoria da cita, considerada unha festividade de interese turístico internacional e que supón unha das grandes datas no verán galego.
En 2024 regrésase ao formato de catro días de festival despois de dous anos nos que se optou por prolongar a súa duración a toda unha semana, segundo explica a organización nun comunicado. Con esta decisión, adoptada tras un período de "reflexión", preténdese atopar "un novo modelo de xestión do festival" sen que este perda a súa esencia. A programación volverá estar centrada en atraer a grupos de referencia do panorama Celta, cunha especial atención aos grupos galegos e ás novas correntes do folk mundial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.