Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 18:45
O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBueu, estreará este domingo unha sección que busca achegar ao público o traballo de nos creadores de curtametraxes dirixidas e/ou producidas en Galicia.
A organización explicou que esta categoría se chama 'GZ_00' e reunirá no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu, ás 19,30 horas, media ducia de películas que mostrarán "o talento emerxente" que hai na comunidade e que competirán para alcanzar o premio ao mellor curto galego nesta edición.
Durante a mesma xornada, proxectarán no Auditorio, ás 21,30 horas, as seis películas da sección 'Descubertas' na que se verán os traballos "mais vangardistas e innovadores" dos últimos meses da escena mundial.
Ademais, ás 18,30 horas será o pase de "catro dos mellores traballos" das escolas de cinema de todo o mundo na sección 'Escolas Internacionais'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.