Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 14:00
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado venres, 1 de setembro, en Ribela, no concello de Coles. O lume afectou a 0,11 hectáreas de superficie arboredo.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, a investigación puxo de manifesto que o incendio foi provocado durante os traballos realizados cunha máquina amoladora no noiro da vía férrea Monforte-Ourense.
Ditas labores, apunta, realizáronse "sen as debidas medidas de seguridade necesarias" á hora de levar a cabo labores con ferramentas non forestais que poidan ocasionar faíscas nesta época do ano de risco. Na extinción do lume participaron 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións.
DILIXENCIAS REMITIDAS AO XULGADO
A Policía autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Ourense. No que vai de ano, investigouse a 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
A Xunta apelou á concienciación e á prudencia para evitar incendios. Así mesmo, lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, para dar aviso no caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.