Alerta na Limia: "O perigo é beber auga contaminada con nitratos e pesticidas"

O MEL critica á Xunta por "negacionismo ambiental" e permitir a contaminación da Limia con xurros .

Por Galicia Confidencial | Verin | 19/04/2025 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Hai tres anos, o Ministerio de Medio Ambiente, tras constatar evidentes procesos de

Degradación das Veigas do río Lobás en Calvos de Randín con xurros
Degradación das Veigas do río Lobás en Calvos de Randín con xurros | Fonte: Verdegaia - Arquivo

eutrofización nas augas do encoro das Conchas e contaminación das augas subterráneas na Chaira da Limia, declararou oficialmente as augas como afectadas. Este prazo de tres años era o tempo máximo que tiña o goberno de Rueda para declarar una zona como vulnerable. "Pero non só non o fixo, senón que volve negar a existencia do problema".

É a denuncia que fai o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) que lembra que hai xa cinco años que a Xunta, no seo da Mesa da Limia, recoñeceu a gravidade da situación ambiental provocada pola excesiva carga gandeira e as malas prácticas agrícolas. Nese momento presentouse o chamado Plan Estratéxico da Limia, que prometía reducir una carga industrial gandeira, construír plantas de tratamento para os xurros porcinos, formar aos agricultores en boas prácticas agrícolas e diversificar e potenciar alimentos de calidade.

"Pasou o tempo e lonxe de aplicar ninguna de estas medidas, esqueceron o plan y retomaron o discurso negacionista", critica. "Nunha fuxida cara a ningures, o goberno galego, alcaldes, sindicatos e agora tamén forzas que tradicionalmente defendían o territorio, adoptan un discurso populista que incita ao sector agrogandeiro a opoñerse cegamente a calquera medida que busque protexer o medio ambiente e saúde pública", engade.

En todo caso, esta entidade ecoloxista alerta de que o verdadeiro perigo non é declarar a Limia como zona vulnerable, senón "o perigo é beber auga contaminada con nitratos e pesticidas". " O perigo é mirar para outro lado mentres os residuos gandeiros —os “puríns”— son esparexidos por montes e parcelas en calquera época do año, sen control", di.

Por iso, o MEL esixe "responsabilidade, medidas reais e fin do negacionismo" e que se declare á Limia zona libre de xurros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta