Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 16:17
O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, referiuse este luns ao terremoto rexistrado en Marrocos e avogou porque a colaboración internacional permita axilizar os labores de busca e de rescate de posibles vítimas.
Ademais, nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, reclamou que posteriormente se poñan a disposición do pobo marroquí axudas que permitan unha rápida recuperación e volta á normalidade.
Precisamente, a este asunto tamén se referiu noutra rolda de prensa a viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Begoña Rodríguez Rumbo, ao considerar que a Xunta se debe pór a disposición do Goberno do Estado para colaborar e achegar recursos para axudar á poboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.