O goberno de Vigo retrasa a "tres meses" a aprobación do PXOM e defende manter a ordenación provisional
O goberno municipal de Vigo fixou este martes "en tres meses" o prazo de aprobación provisional do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, xusto unha semana despois de que o alcalde, Abel Caballero, anunciase que o documento tería o visto e prace "en dous meses", e xustificou o mantemento do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) "para dar certidumbre" á situación urbanística da cidade.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/09/2023 | Actualizada ás 20:14