Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 13:18
Os hospitais galegos empezarán o 25 de setembro a administrar a vacina contra o virus sincitial (VRS), que provoca a bronquiolitis, a todos os nados desde esa data ata o 31 de marzo de 2024. Ademais, realizarase unha recaptación de todos os nados desde o 1 de abril de 2023, ao calcular que terán menos de seis meses, para tamén ser inmunizados contra este virus, que é o que orixina o maior número de ingresos hospitalarios nas idades temperás.
Esta campaña específica amplía o calendario vacunal infantil galego e convérteo no "máis completo", como subliñaron o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a responsable de Saúde Pública, Carmen Durán, tamén chegará a todos os menores de 2 anos que teñan especial risco ou fosen prematuros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.