Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 17:06
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniuse esta semana coas representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), coas que abordou as necesidades e demandas das súas socias. Con elas, reivindicou a importancia de apostar polo asociacionismo para pór en valor a achega feminina ao sector pesqueiro e ás actividades vinculadas tanto en Galicia como en España.
Así mesmo, manifestoulles o seu "convencemento" de que o complexo mar-industria galego "non se entendería sen as achegas realizadas polas mulleres" e apostou por continuar mellorando a súa presenza e representatividade en todos os ámbitos do sector. Nun comunicado, apuntan que esta reunión se enmarca na rolda de contactos que mantén de forma periódica a Consellería do Mar coas distintas asociacións do sector para coñecer a súa situación e avanzar en propostas adaptadas ás necesidades de cada colectivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.