Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/09/2023 | Actualizada ás 18:41
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, participará o vindeiro xoves na conferencia 'De las olas a la sabiduría: empoderar a los pescadores a través de la capacitación en pesca sostenible', organizada no marco do proxecto europeo 'Capturar el potencial: Establecer el estándar para la formación pesquera sostenible (CTP)', no que participa como socio o organismo investigador con sede en Vigo.
O evento celébrase na sede do Parlamento europeo en Bruxelas en xornada de tarde e o programa inclúe a presenza de diferentes expertos que abordarán, entre outros asuntos, o impacto da pesca no ecosistema mariño e os problemas ambientais actuais, ou o labor da Organización Marítima Internacional (OMI) sobre a formación dos pescadores.
A conferencia tamén analizará cuestións como o Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e garda para o persoal dos buques pesqueiros, o código de conduta para a pesca responsable da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) ou a implantación de programas de educación sustentable para os profesionais do sector marítimo-pesqueiro.
Na segunda parte do evento, os socios do proxecto 'Capturar el potencial' informarán os avances conseguidos no seu traballo, das súas colaboracións e do impacto e resultados da formación nos pescadores, formadores e a industria pesqueira local. A conferencia finalizará cun panel de debate sobre a estandarización a nivel global da formación en materia de pesca sustentable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.