'Doantes de sabedoría': proxecto de empoderamento dos maiores en Verín

O Concello ofrece dous cursos especialmente pensados para que os maiores adquiran competencias e habilidades que lles permitan participar plenamente na era dixital e sacar proveito das novas tecnoloxías.

Por Galicia Confidencial | Verín | 20/09/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín, pensando na xente maior e nos atrancos que ocasiona na fenda dixital, vén de poñer en marcha dous cursos para facilitar o acceso e competencias respecto das novas tecnoloxías.

Dúas persoas utilizan os seus teléfonos móbiles. Foto: UNIVERSIDADE DE VIGO
Dúas persoas utilizan os seus teléfonos móbiles. Foto: UNIVERSIDADE DE VIGO

Curso Especializado no Manexo de Teléfonos Móbiles para Persoas Maiores

Este curso está deseñado tendo en conta as necesidades das persoas maiores, co obxectivo de revelar o potencial dos teléfonos intelixentes na vida cotiá. Estes aparellos convertéronse nunha ferramenta esencial para manter o contacto con familiares e amigos a través das redes sociais e aplicacións de mensaxería instantánea como WhatsApp. Algúns dos temas clave que se cubrirán inclúen: Encendido e apagado do teléfono, realización de chamadas e xestión da axenda, uso de alarmas, exploración da galería de fotos e vídeos, así como o manexo da cámara, dominio de WhatsApp, chamadas de audio e vídeo en tempo real, acceso a noticias e programación de citas médicas e aspectos relacionados coa seguridade, entre outros.

Curso Básico de Informática e Internet para Persoas Maiores

Este curso ten como obxectivo reducir a fenda dixital e equipar ás persoas maiores con habilidades clave para buscar información e utilizar a tecnoloxía de maneira efectiva. Está especialmente deseñado para aqueles e aquelas que nunca tiveron contacto coa informática ou cuxos coñecementos nesta área son mínimos, pouco sólidos ou erróneos.

INSCRICIÓNS

A xente interesada poderá acudir a partir do martes 19 de setembro á Oficina de Xuventude/Consumo, situada na Casa da Xuventude, 1º piso. Ambas as actividades son organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil/Consumo e a Oficina de Atención aos Maiores, que forman parte da área de Benestar Social do Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta