Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/09/2023 | Actualizada ás 17:25
Unha das dúas persoas feridas no incendio xerado pola deflagración dunha máquina rozadoira en Carnota faleceu ao mediodía deste martes mentres estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Mentres tanto, a muller continúa ingresada e en estado grave, segundo informan fontes sanitarias.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos cando un particular chamaba a falta de 15 minutos das 21.00 da noite do luns para alertar de que había lume nunha casa da parroquia de Lira. Ademais, confirmaba que no seu interior había dúas persoas. Así, a central de emerxencias solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros de Cee, do GES de Muros, da Garda Civil, da Policía Local de Carnota e de Protección Civil de Cee.
Á súa chegada, os efectivos comprobaron que un veciño conseguira sacar a unha das persoas afectadas, o home que horas máis tarde falecía no Chuac. Non entanto, no interior aínda quedaba unha muller que se refuxiou das chamas nunha das habitacións superiores e que, finalmente, foi rescatada polos membros do GES. Unha vez ambos os implicados foron atendidos polos sanitarios, os organismos intervintes informaron ao 112 de que as queimaduras sufridas debíanse a unha deflagración por gasolina cando manipulaban unha rozadoira.
As vítimas foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pero debido á gravidade das lesións que presentaban acabaron ingresando na unidade de queimados do Chuac coruñés. O lume, o cal se encargou de apagar o GES de Muros, afectou á entrada da casa e á habitación na que se refuxiou a muller.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.