Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 15:28
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, remarcou que a saída ao conflito laboral que manteñen os traballadores dos parques comarcais de bombeiros debe negociarse cos consorcios provinciais dos que depende a súa xestión. Así o manifestou en resposta á pregunta feita pola deputada do BNG Iria Carreira na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, celebrada este venres, onde cuestionou ao responsable do Goberno autonómico sobre o papel da Xunta no conflito polo que levan en folga desde comezos do verán.
Neste sentido, Villanueva incidiu en que son os consorcios, adscritos ás deputacións provinciais, quenes deben encargarse de canalizar o conflito aberto pola reclamación dos traballadores, que reclaman un convenio único para as catro provincias e que se lles recoñeza como persoal fixo. Villanueva afirmou que o conflito está a afectar de forma "signficativa" ao servizo a pesar de que unicamente está a supor a non realización de horas extras.
CURSOS FORMACIÓN AGASP
Por outra banda, o responsable de Emerxencias e Interior tamén tivo que responder a unha pregunta feita en comisión pola deputada do PP Ana Belén García sobre os cursos de formación organizados na Academia Galega de Seguridade Pública. Neste sentido, Villanueva sinalou que a academia acolleu 181 cursos distintos con "máis de 6.000 prazas e 4.000 horas de formación" que chegaron aos corpos de policía local, Policía Nacional, Garda Civil ou a persoal de emerxencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.