Denuncian ao presidente e conselleiros da Xunta ante o TSXG por prevaricación
Ecoloxistas en Acción denuncia que aprobaran como "proxecto de interese autonómico" a futura obra do presidente do Celta en montes comunais de Mos tras varias sentenzas xudiciais en contra. "Persegue satisfacer exclusivamente o interese dunha entidade privada", critican.