Rueda tras ser denunciado por prevaricación: "Estou absolutamente tranquilo"

Ecoloxistas en Acción denunciouno a el e a todo o Consello da Xunta por prevaricación ao aprobar modificacións no PXOM de Mos para aprobar o novo estadio do Celta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/09/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

"Respecto esa decisións pero estou absolutamente tranquilo". O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, non cre que prospere a denuncia por prevaricación da organización Ecoloxistas en Acción no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra el e o Consello da Xunta tras aprobar, por aprobar, de forma inicial, a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, que o Real Club Celta de Vigo impulsa no concello pontevedrés de Mos, como proxecto de interese autonómico.

Protesta de Ecoloxistas en Acción polo proxecto Galicia Sports 360  do Celta. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN
Protesta de Ecoloxistas en Acción polo proxecto Galicia Sports 360 do Celta. ECOLOXISTAS EN ACCIÓN | Fonte: Europa Press

"Estou absolutamente tranquilo porque non tomamos ningunha decisión que non estea avalada por informes técnicos --do Goberno galego", dixo ao ser preguntado se non teme que esta denuncia poida ir adiante e acabe inhabilitado políticamente. 

O portavoz de Ecoloxistas en Acción, Cristóbal López, rexeitou que ese proxecto sexa "estratéxico" e argumentou que se busca "dar legalidade a algo que non o ten". "Úsase unha figura de protección autonómica para algo que non é público como unha estrada ou un hospital", engadiu.

Ademais, incidiu en que a cidade deportiva do Celta "foi un proxecto declarado ilegal pola xustiza". "Este é un caso que nunca se deu", recalcou tamén sobre o interese autonómico e precisando que a súa denuncia vai contra todos aqueles que interviñeron no Consello da Xunta.

INTERESE AUTONÓMICO

Os proxectos de interese autonómico están regulados na lei de ordenación do territorio e o efecto principal desta declaración é que a planificación e execución das actuacións "transcenden o ámbito municipal e, por tanto, teñen unha tramitación singular que, en moitos casos, non fai necesarias as autorizacións municipais".

"HISTORIAL DE IRREGULARIDADES"

Con todo, Ecoloxistas en Acción incide no "historial de irregularidades" en relación ás instalacións deportivas, "obras executadas en terreos forestais de especial protección en Mos". "Unhas instalacións que agora a Xunta pretende legalizar coa tramitación do proxecto de interese autonómico", sinala sobre a Factoría do Deporte Galego.

"Parece evidente que o Consello da Xunta declara o interese autonómico prevalecente deste proxecto para tratar de eludir os informes desfavorables emitidos por diversos organismos públicos e conseguir así a expropiación e posterior reclasificación do monte veciñal para a implantación do proxecto comercial prvado, GS360, do presidente do Celta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta