Xa son 131 as peticións para realizar batidas de xabaril en 11 días de emerxencia cinexética

Na tempada 21-22 abatéronse 18.397 unidades desta especie.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Xunta rexistrou un total de 131 peticións de batidas de xabaril en 11 días de emerxencia cinexética e na tempada 21-22 abatéronse 18.397 unidades desta especie, polo que destacou o "gran esforzo" que se está realizando. Así o respondeu no pleno do Parlamento, a preguntas da deputada do PP Begoña Abeijón, á que deu esta información engadindo a total colaboración da Xunta cos concellos e o resto de institucións.

En todo caso, lembrou que é "competencia" dos concellos preservar as zonas urbanas e periurbanas e que por iso é polo que é necesario, tamén, autorizar a instalación de gaiolas para atrapar a estas especies co obxectivo de "frear a peste porcina". Ademais, ironizou que os xabaríns non van "de Curtis" ata "A Coruña" de compras, senón que viven na propia contorna da cidade herculina, polo que pide aos concellos controlar as camadas e as zonas onde habitan estes exemplares.

Xabaril
Xabaril | Fonte: GONZALO VARAS - Arquivo

Na súa intervención, a titular de Medio Ambiente tamén indicou que están en conversacións con Cariño, Ferrol e A Coruña, mentres que Arteixo e Sada xa solicitaron a colocación de gaiolas. A declaración de emerxencia afecta a 37 comarcas e 248 concellos, o 80 por cento do territorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta