O alcalde de Oleiros di que denunciará a La Voz de Galicia

García Seoane asegura que denunciará ante os tribunais o diario La Voz de Galicia e o Partido Popular de Oleiros por un delito de inxurias e calumnias

Por Galicia Confidencial | Oleiros | 23/05/2015 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, adianta que denunciará ante os tribunais o diario La Voz de Galicia e o Partido Popular de Oleiros por un delito de inxurias e calumnias ante a publicación efectuada o venres, último da campaña electoral no que se titula “El PP de Oleiros acusa a Gelo de llamar «ramera política» a Moraleja”. Segundo o edil independente, o dito cualificativo nunca foi pronunciado por García Seoane no mitin celebrado na pista polideportiva de Meixonfrío, en Santa Cruz.

Angel García Seoane, alcalde de Oleiros
Angel García Seoane, alcalde de Oleiros

"Hai máis de 500 testemuñas que estiveron presentes neste acto e que poden dar fe que en ningún momento deste a palabra «ramera», nin outra parecida, foi pronunciado pola boca de García Seoane", asegura o Concello nun comunicado. O municipio alerta nun comunicado oficial da "campaña de desprestixio que se pretende levar a cabo por parte da oposición coa conivencia dalgúns medios de comunicación e na que se pretende resaltar a figura de Ángel García Seoane como unha persoa agresiva e irrespectuosa cos seus opositores".

O Concello di que pedirá á xunta electoral a rectificación do "libelo aparecido no citado medio". La Voz de Galicia non retificou polo de agora, pero si publicou unha noticia titulada "García Seoane niega de forma rotunda que hubiese llamado a Moraleja «ramera política»".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Alarico

Que se pode esperar da Coz de Galicia, e do seu delegado na Corunha, Fco. Espiñeira? Em fim.. esse panfleto pepero que é a Coz paga ao seu amo, o PP, o partido -por chama-lo dalgum jeito- da corrupçom e o saqueio.

3 Akribéstaton

Em todo caso, a cousa não seria tão grave. "Rameira política" significa, basicamente, que se vende por dinheiro para alcançar poder. A grande "rameira política" é LaVozDeGalicia. A palavra "comércio" não tem conotações negativas. A expressão "comércio político", sim. O problema do bíblico termo (ou das bíbilicas traduções) é que não tem género masculino direito. Poderia ser "palmeiro" (termo que se usa mormente em masculino).

2 Antón de Guizán

Todo o meu apoio para Xelo, non se pode tolerar que La Voz de Galicia, que aposta descaradamente polo PP, condicione a vida política galega e o resultado das elección municipais

1 remo

Normal.... E o estiilo dese panfleto pepeiro corrupto e subvencionado....