Soben un 114 % os concursos nos xulgados galegos no segundo trimestre, a maioría de persoas endebedadas

Os xulgados galegos practicaron no segundo trimestre deste ano 349 lanzamentos, un 23,8 % menos que en 2022, dos cales, 275 (78,8 %) corresponderon a procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) por falta de pagamentos de aluguer (menos 27 %).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O número de concursos presentados nos órganos xudiciais galegos aumentou un 114 % no segundo trimestre de 2023 en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo os datos facilitados este venres polo TSXG, que apunta a que a "gran maioría" destes procedementos corresponden a persoas particulares endebedadas.

As estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre o segundo trimestre de 2023 revelan que 444 dos 550 concursos presentados no período analizado son de persoas naturais sen actividade empresarial, o que supón un incremento do 273 %. Tamén subiron un 12,5 % os concursos de empresas (81), mentres que baixan un 62 % os de persoas naturais empresarias (25).

Así mesmo, os xulgados galegos practicaron no segundo trimestre deste ano 349 lanzamentos, un 23,8 % menos que en 2022, dos cales, 275 (78,8 %) corresponderon a procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) por falta de pagamentos de aluguer (menos 27 %). Ademais, houbo 60 execucións hipotecarias (19 % menos) e 14 derivados doutras causas. Deste xeito, Galicia foi a quinta comunidade coa taxa máis alta de Estado con 10,2 lanzamentos por cada 100.000 habitantes, só superada por Cataluña (20,5), Illas Baleares (18,7), Canarias (17,8) e Comunidade Valenciana (15,4).

EXECUCIÓNS, CLÁUSULAS SOLO E OCUPACIÓNS ILEGAIS

Entre abril e xuño aumentaron un 31 % as execucións hipotecarias na comunidade respecto ao ano anterior ao pasar de 155 a 203. Así mesmo, os xulgados recibiron 1.800 accións individuais sobre cláusulas solo (+ 42,7 %), asuntos sobre os que se ditaron 1.627 sentenzas (+ 2,2 %) das que o 98,6 % foron estimatorias. En canto ás demandas por ocupación ilegal de vivendas, os xulgados ingresaron un total de 33, un 6,5 % máis que o ano anterior, o que sitúa a taxa en 1,2 por cada 100.000 habitantes, medio punto por baixo da media do Estado (1,7).

CONFLITIVIDADE LABORAL

O informe do CGPJ tamén recolle datos sobre conflitividade laboral, como as demandas por despedimento (soben un 31 % ao ascender a 1.720) ou por reclamacións de cantidade nos xulgados do Social (aumentan a 2.913, un 48 % máis). Ademais, presentáronse oito ERE nos xulgados galegos no segundo trimestre de 2023, mesmo número que entre abril e xuño do ano anterior e 16.888 procedementos monitorios, un 65,4 % máis que 2022.

Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta