Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023 | Actualizada ás 19:15
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca celebrada este luns, o reforzo da seguridade marítima internacional. Na súa intervención, a eurodeputada alertou dos problemas que supoñen as bandeiras de conveniencia en zonas sensibles como o corredor de Fisterra.
Así o expuxo como relatora dun proxecto de opinión da Comisión de Pesca para a Comisión de Transportes sobre a directiva do Parlamento Europeo e do Consello pola que se modifica a directiva sobre o cumprimento das obrigacións do Estado de abandeiramento.
Lembra que, por mor da catástrofe ambiental do Prestige (ocorrida en novembro de 2002), a Comisión Europea tivo que desenvolver un paquete de seguridade marítima en 2009 e agora trátase a revisión desas normas. E é que advirte de que os pavillóns de conveniencia de buques, como era o Prestige, causan problemas importantes en materia de seguridade, condicións de traballo e rastrexabilidade de produtos pesqueiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.