Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023 | Actualizada ás 21:31
O escritor Rafa Villar gañou este luns o XXI Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. O obxectivo do galardón, explican as entidades colaboradoras nun comunicado, é "reforzar a produción poética en galego e contribuír ao enriquecemento da creación cultural galega actual".
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitou ao gañador por pasar a formar parte "dun selecto grupo formado polos mellores nomes da poesía galega contemporánea" como Ledicia Costas, galardoada na pasada edición, ou Yolanda Castaño, que acaba de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2023.
Ademais, desexoulle a Vilar "máis éxitos no futuro porque isto será unha boa nova para a nosa literatura e porque reflicte o bo momento que vive o sector cultural".
Rafa Villar, nacido en Cee en 1968, gañou coa obra Os lugares da memoria, escollida polo xurado entre as 34 propostas que se presentaron este ano "e que dan mostra da boa acollida deste certame e de gran calidade literaria das novas xeracións galegas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.