Detidos dous homes que vivían do roubo: 28 furtos en locais e naves industriais de toda España, catro deles en Lugo
A Garda Civil concluíu que estes roubos eran o modo de vida dos dous sospeitosos e do seu grupo familiar, aos que non se lles coñece outra fonte de ingresos. Así, ambos levaban unha "vida aparentemente normal", con parellas sentimentais e fillos nas súas localidades de residencia. Os sospeitosos planeaban con tempo os seus roubos, buscando establecementos apartados e con boas comunicacións por estrada, e así foron actuando en diferentes provincias por todo o territorio nacional.
Por Europa Press / Redacción | LUGO | 10/10/2023 | Actualizada ás 10:20