Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2023 | Actualizada ás 18:41
O Concello de Sada decretou tres días de loito oficial polo falecemento de dous veciños da localidade no accidente de tráfico ocorrido na madrugada deste sábado na autovía A-6 ao seu paso por Valladolid. Segundo trasladou o consistorio municipal, o loito oficial, durante o cal as bandeiras do Concello ondearán a media hasta, abarca desde este domingo ata o martes.
A decisión foi acordada polos portavoces de todos os grupos políticos do Concello de maneira urxente este domingo. O alcalde, Benito Portela, expresou en nome de toda a corporación "a dor e consternación polas vítimas do fatídico accidente de tráfico" e trasladou o seu "respecto, apoio e solidariedade ás familias das vítimas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.