Avances no proceso de apertura de Ferrol ao mar

'Abrir Ferrol ao mar', "un proxecto común, que aposta pola mobilidade sustentable e sobre todo, estreitar esas relacións entre cidade e porto de Ferrol para mellorar os desprazamentos a pé, menos contaminantes".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 23/10/2023 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou os avances das obras de dúas das actuacións do proxecto de 'Abrir Ferrol ao mar', "un proxecto común, que aposta pola mobilidade sustentable e sobre todo, estreitar esas relacións entre cidade e porto de Ferrol para mellorar os desprazamentos a pé, que son menos contaminantes". Na súa intervención, destacou os 4,1 millóns recolleitos no orzamento de 2024 para esta actuación e a fachada marítima.

Trátase, sobre todo, de "abrir Ferrol ao mar", dixo durante a visita a estes traballos na zona do porto este luns, nun acto no que estivo acompañada, entre outros, polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, e pola delegada da Xunta nesta cidade, Martina Aneiros.

Así, Vázquez lembrou que a día de hoxe están "en marcha as obras dese itinerario peonil con actuacións e infraestruturas complementarias, como son dous aparcadoiros disuasorios con máis de 140 prazas", unhas actuacións que suman 2,6 millóns de euros e que "estarán finalizadas no primeiro semestre de 2024". Estas actuacións complementaranse co resto das obras, como son "un segundo aparcadoiro unha vez se derruben as naves que é necesario", no que constitúe a primeira fase de 'Abrir Ferrol ao mar', que ascende aos 4,6 millóns de euros, dos que a Xunta achega 3,8.

TRES OBXECTIVOS

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol especificou que este proxecto busca tres obxectivos, como son "incrementar as zonas verdes, incrementar tamén as posibilidades para que os veciños poidan gozar de novas sendas para pasear na cidade e o carril bici", unido todo iso con "ter máis aparcadoiros". Isto levoulle a declarar que "cumpre esta primeira fase do proxecto de abrir Ferrol ao mar con esa filosofía global que temos para a transformación urbana de Ferrol". "Cando as administracións colaboramos, conseguimos iniciar grandes proxectos de transformación", manifestou.

Por último, Francisco Barea sinalou que en total está previsto acometer "catro obras que nos van a levar a un cambio radical da fachada marítima", das que están tres adxudicadas, unha a adxudicarase en breve e dúas xa están activas. En todo caso, "todas estarán terminadas no ano 2024". O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao incidiu en que, cando chegaron a esta Presidencia, un dos obxectivos era o de "mellorar esta relación coa cidade" e que así se está facendo. "Fixémolo dunha maneira máis social, pero tamén hai que facelo dunha maneira máis técnica, que é este caso, e eu creo que é un logro importante o que sigamos neste camiño", ademais de agradecer a achega da Xunta, "xa que, de investimento total, de 4,6 millóns, pon un total de 3,8".

O acceso ao porto interior na Malata contará cunha terceira vía
O acceso ao porto interior na Malata contará cunha terceira vía | Fonte: PORTO DE FERROL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta