CIG e BNG consideran "ridículas" as axudas de vítimas do amianto e piden máis fondos

Censuran as cantidades e que estas estean obrigadas a tributar o IRPF.

Por E.P. | Compostela | 25/10/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi, criticou o regulamento do Fondo de compensación para as vítimas do amianto, que está a desenvolver unha lei xa aprobada, e que busca compensar economicamente a traballadores afectados pola asbestose ou ás súas familias, sen ter para iso que acudir á xustiza, un regulamento co que tamén está en desacordo o BNG.

Así se expresaban nunha rolda de prensa ofrecida na mañá deste mércores en Ferrol, onde ademais de Bouzas Aboi tamén se deron cita o deputado autonómico do BNG Ramón Fernández e Paula Grueiro, do gabinete de Saúde Laboral de CIG.

O responsable sindical asegurou que "as indemnizacións propostas polo Fondo oscilan entre os 27.000 e os 68.000, aos que habería que descontar a tributación ao IRPF, de entre o 45 e 47%", unhas cantidades que son "ridículas" cando nalgunhas sentenzas están a lograrse ata quintuplicar estas cantidades.

Ademais, o representante da CIG remarcou que reclaman a "creación de organismos de valoración propios en cada territorio" e que sexan as consellerías de sanidade de cada comunidade autónoma "as que emitan unha certificación, o mesmo que os organismos de resolución, que deben de ser de carácter provincial ou autonómico", coa creación dunha comisión de seguimento a nivel autonómico.

Rolda de prensa da CIG e BNG polo fondo de composición para as vítimas do amianto
Rolda de prensa da CIG e BNG polo fondo de composición para as vítimas do amianto | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta