Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 10:34
Unha muller tivo que ser evacuada na noite do mércores ao hospital por sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono na súa casa, situada no municipio pontevedrés da Lama.
Pasaban uns minutos das 21,00 horas cando os profesionais do 061 informaban ao 112 Galicia para avisar de que derivaban a unha ambulancia ao domicilio da afectada, situada no lugar do Toural.
Á parte do 061, no operativo participaron axentes de Garda Civil e foron informados os bombeiros do Morrazo, membros do GES de Avión e Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.
Segundo informa o 112, a muller, que se encargou de ventilar a vivenda e apagar a cociña de leña, que puido sufrir unha mala combustión, foi evacuada ao hospital de Montecelo de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.