Xerais celebra a 40ª edición dos seus premios de novela entregando os galardóns de infantil e xuvenil

O director da editorial, Fran Alonso, destacou a diversidade de obras que compoñen o palmarés do premio, unha diversidade que é o "espello dunha narrativa plural, rica e vital".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2023 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A editorial Xerais celebrou este sábado a súa festa anual de entrega do Premio Xerais de Novela, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o Premio Merlín de Literatura Infantil.

O acto, presentado pola xornalista Susana Pedreira, celebrouse no Parador de Baiona para conmemorar o corenta edicións do Premio Xerais de Novela.

Tal e como lembran nun comunicado, nesta ocasión recoñécese a novela Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo; a novela xuvenil Furia, de María Reimóndez, e a obra infantil A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo.

Na súa intervención, o director da editorial, Fran Alonso, destacou a diversidade de obras que compoñen o palmarés do premio, unha diversidade que é o "espello dunha narrativa plural, rica e vital".

Do mesmo xeito, Fran Alonso fixo referencia ás orixes dos galardóns mencionando Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa, "o primeiro título que alcanzou o recoñecemento social e cultural que o premio procuraba".

Tamén reivindicou a vocación do Xerais: "seguir impulsando o libro galego, continuar sendo motor de modernización, seguir sendo peza clave na aposta e na innovación empresarial e continuar abanderando un constante diálogo coas lectoras e lectores".

A editorial Xerais celebra a 40ª edición dos seus premios de novela, 'espello dunha narrativa plural, rica e vital'. EDITORIAL XERAIS
A editorial Xerais celebra a 40ª edición dos seus premios de novela, 'espello dunha narrativa plural, rica e vital'. EDITORIAL XERAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta