Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 14:01
A Xunta de Galicia convocou a cuarta edición dos 'Premios Galicia de Acción Voluntaria' para recoñecer publicamente a labor solidaria de persoas e organizacións durante este ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a nova convocatoria deste certame, que ten tres modalidades dotada cada unha delas de 4.000 euros: galardón á persoa voluntaria, á entidade de acción voluntaria do ano e ao mellor proxecto de acción voluntaria, levado a cabo por unha organización de maneira individual ou por varias de maneira conxunta.
As entidades e persoas interesadas en concorrer a estas distincións teñen a partir de mañá un mes de prazo para presentar as súas candidaturas e deberán facelo preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta. Só se permitirá unha candidatura por cada modalidade e entidade. As propostas candidatas terán que achegar, co impreso de solicitude, unha memoria do proxecto ou traxectoria; documentación oficial acreditativa dos méritos emitida por organismo público ou persoal, tal como diplomas e certificados; unha relación das actividades realizadas e calquera outra documentación que a persoa solicitante considere.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.