Encontran morto un ancián de 88 anos nun rego de auga no Barco de Valdeorras

Barállase un accidente fortuíto como causa da morte.

Por Europa Press / Redacción | Barco de Valdeorras | 31/10/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un home de 88 anos de idade, veciño de Vilariño, foi achado falecido nun rego de auga no Barco de Valdeorras mentres buscaba castañas.

Segundo informan o 112 Galicia e fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, escasos minutos antes das 18,30 horas o seu fillo atopouno caído nun regato da parroquia de Santigoso. Seguidamente, chamou á central de emerxencias para avisar e xa apuntaba a posibilidade de que estivese morto.

Así, o 112 activou un operativo coa participación de Urxencias Sanitarias-061, os bombeiros do GES de Valdeorras, a Garda Civil e a Policía Local do Barco.

Con todo, unha vez no punto, os equipos de emerxencias tan só puideron confirmar o falecemento deste home, que se trataría dun veciño de Vilariño de 88 anos, segundo as fontes consultadas.

A Garda Civil baralla como principal hipótese unha caída accidental, aínda que o médico non certificou a morte natural porque presentaba un forte golpe na cabeza. Así, será a autopsia a que confirme con exactitude o ocorrido.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta