Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 16:28
O Sindicato de Enfermaría Satse reclamou á dirección de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade que se realice o abono en nómina dos aumentos pactados no marco estatal de subidas salariais. A secretaria autonómica de Satse Galicia, Asunción Maus, asegura que esta subida vén recollida na resolución do 4 de outubro de 2023, da Secretaría de Estado de Función Pública.
En concreto, pola que se publica o acordo do Consello de Ministros do 3 de outubro de 2023, respecto o incremento do 0,5 % nas retribucións do persoal ao servizo do sector público, como é o caso de enfermeiras e fisioterapeutas. Desde o sindicato mostran o seu malestar ante o que consideran unha deixadeza por parte da administración autonómica e demandan o abono destes aumentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.