Rueda sobre os programas de axuda a emigrantes retornados: "Son unha cuestión de xustiza"

O presidente galego recibe a unha delegación da prefectura xaponesa de Wakayama.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou de "unha cuestión de xustiza" que existan programas de axuda a que os emigrantes poidan retornar á súa terra de orixe, o que, ao seu xuízo, é un "dereito". O mandatario autonómico participou este venres no encontro 'Retorno Emprendedor' da Rede Programa Merlo, unha iniciativa do Goberno galego para promover o emprendemento de galegos retornados, segundo explica nun comunicado a Xunta.

Na súa intervención, Rueda destacou que a través das iniciativas e programas do seu goberno subvencionáronse 700 proxectos de retornados procedentes de máis de 40 países dos cinco continentes. Para Rueda, a emigración é "un acto valente" e retornar ao lugar de orixe constitúe "un dereito", polo que defendeu que o 'Programa Retorna' é "unha cuestión de xustiza". Así mesmo, tamén agradeceu aos mentores "o seu labor de orientación e acompañamento aos retornados no seu camiño de emprendemento".

RECEPCIÓN Á DELEGACIÓN DE WAKAYAMA

Antes, Rueda recibiu na residencia oficial da Presidencia da Xunta en Monte Pío (Santiago) a unha delegación da prefectura xaponesa de Wakayama encabezada polo seu gobernador, Shuhei Kishimoto. Galicia e Wakayama estreitaron lazos hai 25 anos por mor de ser as dúas únicas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.

Alfonso Rueda e Wakayama
Alfonso Rueda e Wakayama | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta