Un home de 93 anos agrediu sexualmente realizando tocamentos durante medio ano a unha empregada de fogar

Veciño dun municipio do partido xudicial de Ferrol, aceptou unha pena de dous anos de prisión e unha orde de afastamento por agresión sexual e acoso.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/11/2023 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Un home de 93 anos, veciño dun municipio do partido xudicial de Ferrol, aceptou unha pena de dous anos de prisión e unha orde de afastamento por agresión sexual e acoso a unha empregada de fogar. O acordo co que elude prisión chegou antes da celebración do xuízo este martes no Xulgado do Penal número 1 de Ferrol.

O home estaba acusado dun delito continuado de agresión sexual e acoso cara a unha traballadora do servizo de axuda no fogar que acudía ao seu domicilio, para o que a Fiscalía reclamaba unha pena de 3 anos e medio de cárcere. Segundo o fiscal, entre os meses de xullo e decembro de 2021, cando a muller acudía ao domicilio do condenado, o home, en numerosas ocasións, pediulle á muller que lle deixase tocar a súa zona íntima, ademais de agarrala polos brazos ou a cabeza para lograr darlle un bico e realizarlle tocamentos por encima da roupa, o que levou á muller a presentar a denuncia.

Xulgados de Ferrol
Xulgados de Ferrol | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta