Rexeitan rebaixar a pena a un pai condenado a 15 anos por violar ao seu fillo

A sección segunda da audiencia coruñesa determina que o novo marco normativo contén penas de cárcere máis severas para os feitos polos que foi condenado, un delito continuado de agresión sexual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña rexeitou a rebaixa de pena que solicitaba a defensa dun pai condenado a 15 anos de cárcere por violar ao seu fillo ao entender que o novo marco de penas que establece a lei do 'só si é si*' non beneficia ao reo.

Nunha resolución facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a sección segunda da audiencia coruñesa determina que o novo marco normativo contén penas de cárcere máis severas para os feitos polos que foi condenado, un delito continuado de agresión sexual.

Ademais, o tribunal explica que "a opción que expón o recorrente non é válida, en canto parte dunha distinta configuración dos feitos probados acorde ás pretensións deducidas no seu recurso".

Por tanto, mantén a condena para este home en 15 anos de cárcere e a inhabilitación para o exercicio da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento con respecto ao seu tres fillos.

No que vai de ano, a audiencia coruñesa emitiu 54 autos de resolución sobre peticións de revisión de condenas pola aplicación da lei do 'só si é si', das cales, en 37 ocasións foron denegadas e en 17, aceptadas.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta