Un condutor drogado fuxe dos axentes en Ourense e, ao ver que non ten saída, sae a pé para agocharse nunha matogueira

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/11/2023 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense detivo na madrugada deste xoves a un home tras circular de froma temeraria, fuxir dos axentes e dar positivo en drogas. Segundo informou o Concello, os axentes prestaban servizo na Ponte Nova e déronlle o alto. Ante isto, o home comezou a acelerar e emprendeu a fuxida en dirección á rúa Alfredo Brañas.

Así, iniciaron unha persecución que continuou ata a rúa San Silvestre e a estrada de Barra de Miño. O vehículo circulaba a velocidade excesiva polo que era un perigo para a integridade das persoas usuarias da vía. Na estrada de Barra de Miño dúas patrullas tentaron interceptalo pero o condutor evadiunos, pasándoos a gran velocidade e pondo en risco aos axentes que tiveron que apartarse para que non os atropelase.

A persecución continuou ata chegar á rúa Río Conso onde o condutor, ao observar que a vía non tiña saída, fuxiu a pé pola estrada ata que foi interceptado escondido entre unhas matogueiras. O condutor deu positivo na proba de drogas e durante a persecución, segundo relato policial, realizou numerosas manobras temerarias. Por todo iso, instruíron as correspondentes dilixencias xudiciais.

Coche da Policia Local
Coche da Policia Local | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta