Ferida tras caer dun tellado polo que trataba de entrar na casa logo se esquecerse as chaves

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Unha moza resultou ferida o concello ourensán da Rúa tras caer dun tellado cando trataba de entrar en casa ao esquecerse das chaves. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ás 21,15 do sábado e a muller foi evacuada en ambulancia ao hospital comarcal de Valdeorras.

A central de emerxencias recibiu a alerta por parte dun familiar da implicada para solicitar axuda para acceder ao interior dun taller da rúa de Telesforo Ojea. A persoa indicou que a moza esqueceu as chaves de casa e tentou acceder pola terraza da vivenda a través do tellado da edificación lindeira.

A continuación, unha das placas de uralita cedeu e a afectada caeu no interior do taller polo que era necesario a actuación de medios que puidesen abrir a porta do establecemento, xa que o lugar estaba pechado.

Os xestores de emerxencias deron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e GES de Valdeorras. No punto, os equipos de intervención forzaron a porta do taller. No operativo tamén interviñeron a Garda Civil e Protección Civil da localidade.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta