Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 17:52
O Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa acollerá o vindeiro martes o xuízo de Laureano Oubiña contra a produtora da serie 'Fariña' por vulneración do seu dereito á honra e a intimidade tras introducir na serie unha escena de sexo entre el mesmo e a súa segunda muller.
Así, en abril de 2018 produciuse un acto de conciliación entre Oubiña e a produtora en que non chegaron a acordo. Durante o acto de conciliación, os letrados da produtora opuxéronse a todas as esixencias que se pedían para frear a demanda. Mesmo chegarían a afirmar que a serie non estaba baseada en feitos reais, senón que era "ficción".
"Pasaron de dicir que o primeiro capítulo estaba baseado en feitos reais, o segundo, inspirado neses feitos e agora en que é case unha novela de ficción", criticaron, no seu momento, os letrados que levan a defensa de Oubiña contra esta serie, na que se aborda a Operación Nécora e a loita contra o narcotráfico en Galicia.
Por todo iso, seguiu adiante coa demanda por vulneración do seu dereito á honra e a intimidade pola cal transcendeu entón que solicitaba unha indemnización de millón e medio de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.