Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 19:25
A Deputación de Pontevedra convocou unha sesión plenaria extraordinaria para o vindeiro luns, día 20 de novembro, ás 13,00 horas, para votar unha moción en "defensa da Constitución Española, a igualdade dos españois e o respecto ao estado de dereito e á democracia".
A iniciativa foi presentada polo grupo provincial do PP a raíz do acordo de Goberno entre PSOE, Junts e Esquerra Republicana de Catalunya para a aprobación dunha Lei de Amnistía.
"O pasado 9 de novembro, os españois tivemos coñecemento do ataque máis grave ao Estado de Dereito da nosa democracia, o acordo do PSOE cos independentistas cataláns para investir ao candidato Sánchez como presidente do Goberno. Un acordo que profana a Constitución que fomos capaces de construír entre todos en 1978", lamentou o portavoz popular na deputación, Jorge Cubela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.