Baixan os novos casos de enfermidade renal crónica tratados con diálese ou transplante en Galicia

En Galicia 4.000 persoas necesitan tratamento renal sustitutivo (TRS) para substituír a función dos seus riles, é dicir, diáleses ou transplante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O número de novos casos de pacientes con enfermidade renal crónica (ERC) en Galicia, que reciben tratamento renal sustitutivo (TRS) a través de diálese ou transplante, descendeu un 8,3% durante o ano 2022. Sitúase así en 149 persoas por millón de poboación (pmp), unha proporción similar á da media española (150 pmp).

Estes datos deunos a coñecer a Sociedade Española de Nefrología (SEN) no seu 53º Congreso Científico anual, que se celebrou este mércores en Palma de Mallorca. A cifra de prevalencia (número total de casos) tamén diminuíu con respecto do 2021 (1.450 pmp), aínda que é superior á media estatal. No 2022, Galicia alcanzou os 1.489 pacientes pmp, fronte aos 1.410 pmp que hai de media en España.

Con todo, en Galicia 4.000 persoas necesitan TRS para substituír a función dos seus riles, é dicir, diáleses ou transplante. En relación á prevalencia de pacientes con ERC en TRS, sitúase en España en 1.410,9 pmp, o que supón un aumento dun 2% no período dun ano.

Segundo o SEN, estes datos pon de manifesto o crecemento desta patoloxía na poboación española, que se debe principalmente á diabetes e que afecta na súa maioría a homes. Tamén estiman que a ERC afceta ao 15% da poboación. Os expertos sanitarios cualifícana como unha "epidemia silencios", debido aos seus síntomas pouco reconocibles.

TRANSPLANTES RENAIS

A nivel estatal, destacan os transplantes de ril rexistrados en 2022, cun crecemento do 15% respecto ao ano anterior. En total realizáronse 3.404 transplantes renais, fronte aos 2.950 de 2021, de maneira que a taxa de transplante renal a súa situou en 71,1 pmp.

Trátase da segunda mellor cifra da historia de España, sendo a primeira os 3.423 enxertos renais realizados no 2019.

No congreso destacouse o crecemento sostido de transplante de ril de doante tanto vivo, como falecido en parada circulatoria, grazas á cal o 55% de pacientes con ERC en TRS en España viven cun transplante de ril.

MORTALIDADE

A taxa global de falecemento en España situouse no 2022 no 8%, igual que no 2022. Faleceron en total 5.791 persoas en diáleses ou cun transplante.

As principais casuas de falecemento en todas as modalidades de TRS en 2022 foron as infeccións (27,5%) e as patoloxías cardiovasculares (24%).

Pacientes en diálese
Pacientes en diálese | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta