Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2023 | Actualizada ás 13:58
Un motorista resultou ferido despois de chocar coa súa moto contra un turismo na rúa Ponche de Sevilla, na cidade de Ourense, á altura do número 18. Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular púxose en contacto coa central de emerxencias pouco despois das 12,00 horas para solicitar asistencia urxente para o motorista.
Con esta información, os operadores do 112 deron aviso aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.