Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 13:47
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "librouse" en canto puido da exministra de Igualdade, Irene Montero, despois de afirmar que o seu executivo era "o máis feminista" e o que "máis cousas marabillosas fixo pola igualdade das mulleres nos seu cinco anos".
"Xa me dirá vostede como se compaxina facelo todo ben nesa materia e cargarse á que estaba a facer as cousas ben, teoricamente", sostivo Roda este mércores durante a sesión de control e en resposta ao portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, quen reprochou o "escaso interese" do presidente galego coa igualdade tras o "recorte orzamentario" na materia e os pactos do PP con Vox.
No pleno, Rueda citou as palabras pronunciadas por Irene Montero na súa despedida, nas que desexou "sorte e valentía" á nova responsable de Igualdade, Ana Redondo, para "incomodar aos amigos de 40 e 50 anos do presidente", para trasladarlles aos socialistas que "deberían dar moi poucas leccións" en materia de igualdade.
Todo iso nun debate no que aproveitou para pór en valor as medidas adoptadas polo Goberno galego en materia de igualdade desde a chegada do PP á Xunta en 2009. "Temos que dicir o que fixemos nun tema tan importante", manifestou para subliñar que o primeiro foi "dedicarlle moito máis diñeiro" que o goberno bipartito. "Catro veces máis", incidiu.
"ESCASO INTERESE"
En fronte, o portavoz do Grupo Socialista, Luís Álvarez, censurou o "escaso interese" mostrado polo presidente da Xunta coa igualdade a conta da "escasa presenza" destas políticas nas contas autonómicas para 2024.
Con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o portavoz socialista centrou a súa intervención na igualdade e denunciou a "falta de orzamentos" da Xunta e as "consecuencias do xiro do PP" neste asunto tras os seus pactos con Vox.
Nunha intervención na que aproveitou para subliñar a "ineficacia" da nova lei de igualdade, sostivo que o Goberno galego dedícalle 16 millóns de euros á materia fronte aos 40 millóns que orzaba o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.