Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/11/2023 | Actualizada ás 21:34
Un membro do GES de Lobios sufriu este mércores un accidente durante unhas manobras no campo de fútbol Río Caldo, que lle provocou a perda dun dedo da man dereita cando realizaba unha descarga cunha corda.
Así o informou o seu coordinador a través dunha chamada ao 112 Galicia preto ao mediodía desta xornada. O equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tiña xa coñecemento do accidente, pero o integrante do GES ferido foi evacuado, primeiro, ao Centro de Saúde da localidade na ambulancia do propio GES. A partir de aí, foi derivado a un hospital en Ourense para seguir co tratamento das lesións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.