O adestramento da Selección Feminina de Fútbol en Pasarón o xoves será gratuíto e aberto, segundo Luis López

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2023 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O adestramento da Selección Española Feminina de Fútbol do próximo xoves en Pasarón será gratuíto e aberto ao público. Así o anunciou este venres o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, co matiz de que a información non está do todo pechada, pero "case ao cento por cento".

O mandatario provincial manifestou que o gran interese demostrado pola cidadanía para asistir o próximo 1 de decembro ao partido España-Italia en Pasarón "demostra que foi un acerto apoiar a celebración deste encontro" da selección española absoluta no partido da UEFA Women's Nations League.

"Un acerto por parte da Deputación, que o Concello de Pontevedra non o fixo", dixo, respecto ao patrocinio con 200.000 euros para que este partido que se disputará no Estadio Municipal de Pasarón.

"QUEREMOS QUE SE GOCE DO ESPECTÁCULO DAS CAMPIOAS"

"Nós o que queremos é que a cidade e a provincia de Pontevedra gocen do espectáculo das campioas", engadiu o presidente da Deputación que confirmou que haberá recepción oficial na Deputación de Pontevedra ás xogadoras da selección e tamén se exporá a copa do mundo.

Selección fútbol feminina
Selección fútbol feminina | Fonte: RFEF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta