Documento.- A Xunta creará un diccionario de linguaxe non sexista

A Vicepresidencia da Xunta acaba de sacar a concurso a realización dun diccionario/glosario de linguaxe non sexista que "permita unha mellora no uso dunha linguaxe non discriminatoria e que contribúa a dinamizar e facer vencer certas inercias que fan que o uso da linguaxe sexa pouco actual e integrador"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/08/2008 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

1.CENTRO DIRECTIVO RESPONSABLE

O centro directivo responsable deste contrato é a Secretaría Xeral da Igualdade.

2.ANTECEDENTES

A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo para a Igualdade efectiva de mulleres e homes establece no artigo 14, como un dos criterios xerais de actuación dos poderes públicos o de "a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas"

Igualmente a Lei  7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, establece nos artigos  17 e 18 que "O uso non sexista da linguaxe consiste na utilización de expresións lingüísticamente correctas substitutivas doutras que invisibilizan o femenino  ou o sitúan nun plano secundario respecto do masculino."

" A Xunta de Galicia erradicará, en todas as formasde expresión oral ou escrita, o uso sexista dalinguaxe no eido institucional, tanto fronte á cidadanía coma nas comunicacións internas. Para estes efectos, informarase e formarase o persoal ao servizo das administracións públicas galegas".

3.OBXECTO DO CONTRATO

O presente Prego ten por obxecto definir as condicións técnicas e económicas para a realización dun servizo á Secretaría Xeral da Igualdade para a elaboración dun DICCIONARIO/GLOSARIO  LINGUÍSTICO DE  LINGUAXE NON SEXISTA".

Os obxectivos que se preseguen son os seguintes

Axudar a recoñecer termos ou expresións sexistas na linguaxe escrita, proporcionado redaccións alternativas.

Faciliar a utilización dunha linguaxe non sexista

Vincular ao redor das políticas de xénero accións relacionadas coa innovación e a atención ás necesidades da sociedade actual.

Motivar o cambio de hábitos no uso da lingua e vencer as inercias que fan que o uso da linguaxe sexa pouco inetegrador.

descrición doS traballoS a realizar

Elaborarase un dicionario/glosario lingüístico de linguaxe non sexista que permita unha mellora no uso dunha linguaxe non discriminatoria.

Este dicionario/glosario de linguaxe non sexista desenvolverase sobre un soporte dixital, unha base de datos, que será susceptible de integrarse en aplicacións de corrección de lingua ou noutro tipo de aplicacións informáticas.

A sistematización que ofrecen as novas tecnoloxías no tratamento da lingua ofrece a posibilidade de aproveitar os recursos xerados neste campo, facilitando as melloras e calidades dos vocabularios, glosarios ou corpus terminolóxicos e a súa interacción co tratamento de textos. Tamén achegan vantaxes na difusión social destes recursos, en concreto, aproximan un discurso de xénero á cidadanía co fin de promover a utilización dunha linguaxe non sexista.

O dicionario de linguaxe non sexista a elaborar deberá ofrecer unha base de termos linguísticos, de expresións non correctas, e de posibles alternativas, e ofrecer solucións prácticas na elaboración e corrección de textos. Tamén incluirá nas posibles solucións unha breve explicación desas escollas.

A detección dos erros de linguaxe de xénero máis habituais na lingua deberá facerse mediante o estudo e a análise dun corpus amplo de lingua que  permita sistematizar as frecuencias destas incorreccións e as diferentes solucións máis recomendables.

Aspectos de desenvolvemento técnico:

O diccionario/glosario contará cunha escolma de termos susceptibles dun uso incorrecto en contextos de lingua. Avaliaranse os glosarios de linguaxe de xénero existentes e analizarase e sistematizarase a aparición de incorreccións nun corpus de lingua o suficientemente amplo para que ofreza datos de frecuencia de erro fiables.

A orixe do corpus  basearase fundamentalmente en documentación oficial, escritos ou fontes documentais de uso público, xeradas preferentemente pola Administración galega.

Estableceranse os límites das expresións lingüísticas sistematizables que poidan xerar solucións non excesivamente complexas para a corrección ou substitución de termos non aconsellables.

O glosario/diccionario rexistrará palabras/cadeas inadecuadas e posibles solucións, almacenando na base de datos o léxico ou expresións lingüísticas xunto coas suxestións de corrección e recomendacións de revisión de concordancias nas oracións e axudas contextuais necesarias por termo

O corpus lingüístico que compoña o diccionario/glosario amosará  unidade en canto a criterios de escolla como e estilo de lingua e na unificación da información ofrecida por cada termo.

Resumo das características técnicas

Elaboración dun dicionario/glosario lingüístico de linguaxe non sexista que permita unha mellora no uso dunha linguaxe non discriminatoria.

Desenvolvemento do dicionario/glosario sobre un soporte dixital unha base de datos, para que chegado o caso, poida integrarse en aplicacións de corrección de lingua ou noutro tipo de aplicacións informáticas.

O dicionario/glosario ofrecerá unha base de termos e expresións non correctas, así como as posibles recomendacións que ofrezan solucións prácticas na elaboración e corrección de textos. Tamén se incluirá nas posibles solucións unha breve explicación das escollas cando fora preciso para unha mellor interpretación.

A detección dos erros de linguaxe de xénero máis habituais na lingua farase mediante o estudo e a análise dun corpus amplo de lingua que permita sistematizar as frecuencias dasi ncorreccións e as diferentes solucións máis recomendables.

A orde das solucións ofrecidas organizarase por frecuencia de contexto.

Nos casos nos que a posible solución provoque unha modificación nas concordancias de xénero e número da oración introducirase unha breve nota sobre a necesaria revisión das concordancias verbais, de xénero e de número.

6. CONTIDOS DA PROPOSTA A PRESENTAR

Segundo os aspectos sinalados ao longo deste Prego, a proposta técnica deberá conter os seguintes elementos:

. Memoria de proposta da metodoloxía de traballo a seguir e dos contidos a elaborar.

. Indicación da formación e experiencia profesional das persoas que elaborarán os contidos obxecto do contrato.

. Cronograma de actuacións

6.- PERIODIZACIÓN DO PROXECTO

A elaboración do dicionario/glosario de linguaxe non sexista desenvolverase ao longo de cinco meses e ao longo das seguintes fases:

Fase 1:

Escolla de termos susceptibles dun uso incorrecto en contextos de lingua.

Avaliación dos glosarios de linguaxe de xénero.

Análise e sistematización da aparición de incorreccións.

Selección dun corpus, na sistematización de palabras/cadeas «problemáticas» e análise das frecuencias destas unidades lóxicas en contextos.

Fase 2:

Elaboración do glosario/dicionario que rexistre palabras/cadeas inadecuadas e posibles solucións.

Almacenaxe na base de datos do léxico ou expresións lingüísticas xunto coas suxestións de corrección.

Realización das recomendacións para a revisión das concordancias nas oracións e realización das axudas contextuais.

Elaboración das suxestións de revisión de concordancias a través de axudas contextuais para exemplificar e facilitar escollas.

Fase 3:

Xerar unidade no corpus en canto a criterios de selección de termos e de estilo de lingua.

Unificación da información ofrecida por termo.

Revisión das posibles incoherencias e erros puntuais.

7.- DISPOSICIÓNS PARTICULARES

O dicionario/glosario poñerase a disposición de todas as persoas a través da web ou noutros formatos electrónicos, de xeito que se poida descargar en calquera momento e de xeito gratuíto. Este modelo de difusión permitirá tamén abrir unha porta á colaboración a través das suxestións de mellora do dicionario/glosario que poidan enviar as persoas usuarias.

O adxudicatario comprométese a observar confidencialidade sobre os feitos, informacións, coñecementos, documentos e outros elementos que lle faciliten as administracións e entidades coas que se relacione para a elaboración do traballo, así como dos resultados deste.

O diccionario/glosario en soporte dixital terá garantía dun ano dende a súa posta en funcionamento. Dita garantía incluirá a subsanación de erros e fallos ocultos que se poñan de manifesto no seu funcionamento, ou que se detecten mediante probas ou por outros medios,

A empresa adxudicataria porá a disposición dos/das técnicos/as da Secretaría Xeral toda a información, documentación, etc.., que se lle demande durante o proceso de desenvolvemento.

O dicionario/glosario será entregado coa documentación técnica axeitada á metodoloxía de desenvolvemento.

O adxudicatario deberá inserir en lugar visible do dicionario/glosario o logotipo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar-Secretaría Xeral da igualdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

11 Galicia Confidencial » Blog Archive » Tamén Industria se apunta á linguaxe non sexista

[...] Hai uns días comentamos aquí que a a Vicepresidencia da Xunta acaba de sacar a concurso a realización dun diccionario/glosario de linguaxe non sexista que “permita unha mellora no uso dunha linguaxe non discriminatoria”. Tamén a Consellería de Innovación e Industria ten presentado un concurso para a realización dunha aplicación para a correción asistida de linguaxe non sexista. [...]

10 Esmendréllome

Esta Carme Adán se pensa que con dicionarios vai arranxar o problema da violencia machista, é que aínda anda polas nubes, e xa vai sendo hora de que aterre despois de catro anos.

9 Ana Kiro

Pipilota rogalina (seguro que eres un home) se estiveras na casa fregando,barrendo e facendo algo de proveito non terías tempo para estar aque niste foro escribindo fateadas

8 Xandokas

........ e os membros da Real Academia Galega????
..... a rañala!!!!!

7 madialeva

Galicia está no cú do mundo por algo. Fraga durou o que durou por algo. As mulleres as primeiras en caer nos partidos tamén por algo. No nacionalismo hai moito túzaro.