Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 20:15
A taxa de incidencia do VIH en Galicia reduciuse en 3,3 puntos entre os anos 2012 e 2021 ao pasar de 7,4 a 3,1 casos por cada 100.000 habitantes. Así o recolle un informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e que foi analizado no Consello da Xunta deste xoves. Con todo, expertos participantes nun congreso nacional que aborda a loita contra a Sida alertaron dun aumento das infeccións de transmisión sexual entre os mozos, cun 37% de casos en menores de 18 anos e un 17% no que tiveron polo menos unha coinfección.
Este venres 1 de decembro conmemórase o Día Mundial da Sida, unha enfermidade que no ano 2022 padecían en Galicia 109 persoas, máis da metade que os 225 que se contabilizaban en 2012. Doutra banda, a Xunta aprobou este xoves de forma definitiva a Estratexia de Saúde 2030 tras un proceso de "enriquecemento" para incorporar as achegas de asociacións de pacientes, colexios profesionais e particulares. Trátase dunha planificacion conxunta das prioridades en saúde pública, asistencia sanitaria e investigacion sanitaria que parte, segundo explica a Xunta, da experiencia aprendida durante a pandemia. Así, prioriza cuestións como a xeneralización do diagnóstico xenético, a atención domiciliaria ou as actividades de promoción de estilos de vida saudables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.