Catro membros dunha familia rematan no hospital con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Malpica

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/12/2023 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Catro membros dunha familia, dous adultos e dous menores, foron evacuados na mañá deste sábado con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda no municipio coruñés de Malpica de Bergantiños. Segundo informou o 112, foi sobre as 6.00 horas desta mañá cando un familiar alertou do suceso e explicou que unha das persoas afectadas púxose en contacto con ela para informarlle do malestar da súa familia e para solicitar asistencia sanitaria.

A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, que tiveron que forzar a porta para entrar ao domicilio, aos membros do GES de Ponteceso, á Garda Civil e a Protección Civil de Malpica. A familia presentaba un cadro médico compatible cunha intoxicación por monóxido de carbono polo que foron trasladadas ao Hospital Universitario da Coruña e ao Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta